viernes, 7 de febrero de 2014

IMPRESORA 3D

 As impresoras 3D creáronse para transformar arquivos CAD en 3 dimensións en prototipos reais. Do mesmo modo que unha impresora convencional é capaz de imprimir unha folla de papel cos esquemas realizados nun programa CAD 2D, as impresoras 3D son capaces de dar corpo aos deseños en 3 dimensións.
                                      
As versións comerciais constrúen pezas a partir dos datos dun arquivo CAD en formato .STL (monocromo) ou .VRML (cor). Ambas as dúas fabrican a peza capa a capa. A xeometría do modelo constrúese esparexendo unha capa de po, imprimindo unha sección horizontal da peza e despois repetindo o proceso (esparexer po e imprimir sección) ata rematar a peza.
               
As capas constrúense unha enriba doutra ata que a peza se completa. A xeometría da peza sopórtase grazas ao po "non-impreso", o que permite un amplo rango de complexidade nas pezas. Esta tecnoloxía non necesita estruturas de soporte durante a fase de construción, xa que o po cumpre esa función ata que a peza se desenterra da cubeta de fabricación.
             
Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. As primeiras utilizan unha tinta que funciona como aglomerante e compacta o po e permiten imprimir en diferentes cores. Mentres que as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar polimerizado (duro) e despois se somerxe nun líquido para que as zonas máis duras se solidifiquen.


martes, 4 de febrero de 2014

MONITORES LED

Unha pantalla LED é un dispositivo de saída, que mostra datos ou información ao usuario, que se caracteriza por estar composto por díodos emisores de luz ou LED.
Este tipo de pantallas non deben ser confundidas coas pantallas LCD con retroiluminación.
Está composto de paneis ou módulos de LED (díodos emisores de luz) monocromáticos (una cor) ou policromáticos (varias cores), formados á súa vez por LED RGB (as cores primarias da luz) ou outras configuracións. Os devanditos módulos en conxunto forman pixeis, o que permite formar carácteres, textos, imaxes e ata vídeo, dependendo da complexidade da pantalla e o dispositivo de control.
Os usos máis frecuentes para as pantallas LED son: paneis indicadores, informativos, publicitarios e de alta resolución de vídeo a toda cor (en concertos, actos públicos...), isto é debido á súa gran resistencia ao aire libre, a súa doada fabricación e mantemento e ao seu pouco consumo.
Un problema das pantallas LED é a resolución: Mentres que nun monitor de computadora, de hoxe en día, tes unha resolución de 1024 x 768 pixeis físicos, nunha pantalla LED de 4 x 3 metros tes 192 x 144 pixeis físicos. Para solucionar isto desenvolveuse unha tecnoloxía coñecida como tecnoloxía de pixel virtual,  que ofrece unha maior resolución de imaxe na mesma configuración física mediante algúns conceptos xeométricos básicos. Hai técnicas de pixel virtual:xeométrico/cadrado e interpolado.
 

*Ligazón a páxina con información.*