As
impresoras 3D creáronse para transformar arquivos CAD en 3 dimensións en
prototipos reais. Do mesmo modo que unha impresora convencional é
capaz de imprimir unha folla de papel cos esquemas realizados nun
programa CAD 2D,
as impresoras 3D son
capaces de dar corpo aos deseños en 3 dimensións.

As versións comerciais constrúen pezas a partir dos datos dun arquivo CAD en formato .STL (monocromo) ou .VRML (cor). Ambas as dúas fabrican a peza capa a capa. A xeometría do modelo constrúese esparexendo unha capa de po, imprimindo unha sección horizontal da peza e despois repetindo o proceso (esparexer po e imprimir sección) ata rematar a peza.
As capas constrúense unha enriba doutra ata que a peza se completa. A xeometría da peza sopórtase grazas ao po "non-impreso", o que permite un amplo rango de complexidade nas pezas. Esta tecnoloxía non necesita estruturas de soporte durante a fase de construción, xa que o po cumpre esa función ata que a peza se desenterra da cubeta de fabricación.
Hai
dous tipos de impresoras 3D:
de tinta e láser. As primeiras utilizan unha tinta que funciona como
aglomerante e compacta o po e permiten imprimir en diferentes cores.
Mentres que as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que
pasa a estar polimerizado (duro) e despois se somerxe nun líquido
para que as zonas máis duras se solidifiquen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario